Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O Centro Coreográfico Galego completa o seu programa formativo de 2015 con catro novos cursos de danza clásica

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4423
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4423

Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Secall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres gratuítos en diferentes datas ata o 18 de decembro.

O Centro Coreográfico Galego pechará o programa formativo que está a desenvolver na súa sede da Coruña durante este ano 2015 cunha oferta de catro novos cursos de danza clásica. Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Sacall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres, de carácter gratuíto, que se desenvolverán en diferentes datas ata o 18 de decembro.

Dirixidos tanto a profesionais como a estudantes de danza, estes obradoiros insírense no plan de formación continua que a unidade de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante todo o ano e dentro do que xa tiveron lugar outra quincena de encontros centrados en diferentes estilos e técnicas. Con tal motivo, desprazáronse ata á Coruña recoñecidos mestres como Lázaro Carreño, Ana Abad Carlés, Catherine Turocy, Ana Serantes García, Íker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero, Cristina Gallardo, Christelle Horna, Amaury Lebrun e Fernando Lázaro.

Para esta recta final do ano, contarase como profesores con catro bailaríns que formaron parte das últimas producións ou coproducións coreográficas desenvolvidas nas temporadas pasadas polo Centro Coreográfico Galego.

Repertorio, técnica de puntas e 'pas de deux'
Un total de 26 alumnos están matriculados no primeiro destes catro cursos, que comezou a impartir Miguel Ángel Ponte o pasado día 21. Centrado en danza clásica e, especialmente, no repertorio de 'Don Quixote', o encontro ten lugar todos os sábados ata o 19 de decembro.

Ao tempo, mantense aberto o prazo de inscrición para os tres obradoiros restantes: Berta Secall continuará afondando no repertorio do coñecido ballet de Marius Petipa do 2 ao 4 de decembro, mentres que Astrid Molinero abordará a técnica de puntas do 6 ao 8 de decembro e Juan Miguel Hernández, o 'pas de deux' do 14 ao 18 de decembro. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición enviando ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. o formulario que se pode descargar desde a páxina web centrocoreografico.org.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 19 Abril 2024