Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Inaugúrase a exposición ‘ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. LETRAS GALEGAS 2019’

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 399
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
399

A exposición repasa a biografía do intelectual de Cotobade con especial atención á súa traxectoria como galeguista.

A mostra, organizada polo Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas repasa a biografía e a obra do homenaxeado, historiador orixinario de Cotobade, no Día das Letras Galegas. Trátase dunha exposición rigorosa e feita co corazón que repasa o legado intelectual ético e humano de Fraguas ao tempo que enxalza a lingua e cultura galegas.

O recoñecemento a Antonio Fraguas no Día das Letras Galegas deste ano permite destacar o papel dun home “que pensou sobre Galicia pensando na construción de Galicia”, xa que no seu labor como xeógrafo e historiador “tratou de expor e explicar o noso pasado e a nosa tradición para ofrecer sólidas bases de futuro”.

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que presenta un itinerario ao longo da vida do intelectual de Cotobade, con especial atención á súa traxectoria como galeguista, e outra na que se abordan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual. Permanecerá aberta ao público até o 28 de decembro, data do 114 aniversario do homenaxeado no Día das Letras Galegas.

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 18 June 2019